Desaloxo CSO Casa das Atochas
Tuesday, April 12th, 2011CONCENTRACIÓN/CACEROLADA 12 abril 20h, Obelisco
MANIFESTACIÓN en repulsa do acontecido hoxe. 16 abril 18h, Campo da leña
A Coruña, 12 de abril de 2011
enlace vídeo: http://vimeo.com/22285431
Está mañá ás sete horas varias unidades de U.I.P. antidisturbios e G.O.E.S. procederon ao desaloxo da Casa das Atochas. No tellado da mesma permaneceron dúas persoas resistindo ata aproximadamente ás oito e media, momento no que as unidades policiais chegaron ata onde estaban e as sacaron do edificio. Foron identificadas mais non detidas. Agora mesmo están a tirar os tellados da Casa, quitando os cristais das xanelas, etc., sen que exista unha orde de derrubo aprobada polo Concello nin protección algunha para os obreiros que están a facer o sucio traballo (retirada da uralita). Esta tarde ás 20.00 horas convocamos unha CONCENTRACIÓN NO OBELISCO. Ademais o SÁBADO 16 de abril a partir das 18.00 horas sairemos en MANIFESTACIÓN dende o Campo da leña. Un desaloxo, outra okupación! Dez, cen, mil centros sociais!
Despois do descrédito ao cal fomos sometid@s nestas derradeiras semanas cremos que este é o mellor xeito de comunicarnos sen intermediarixs e de maneira directa coa cidade. Para que se coñeza de primeira man o por que do noso existir. (more…)