ALARMA! Orde de desaloxo para o CSO Casa das Atochas

A Casa das Atochas non se desaloxa!

A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro. Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.

Atentxs, pois seguiremos informando.
Mantemos as actividades programadas.

Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!